A síndrome do ‘primo/curmán de Zumosol’
2/Xuño/2008
Un dos argumentos que máis soan por aí para xustificar unha submisión total ao sistema lingüístico do portugués está baseado no número de falantes que ten esa lingua. Agora parece que todo se mide en función das cifras macro-lingüísticas.
Antes estabamos asoballados polo castelán (os españois considerábannos un “dialecto” da lingua deles), criticabamos o “imperialismo” da lingua castelá… E que solución lle damos a iso? Caer no mesmo erro.
Pasamos do imperalismo dun lado ao imperialismo do outro cando negamos a idiosincrasia, a personalidade deste idioma que falamos máis de dous millóns de persoas. Unha cantidade ridícula para moitos, pois con frecuencia necesitan recorrer ao primo/curmán de Zumosol en busca de axuda cando se senten asoballados polo avance do castelán.
Mesmo chega a asegurarse que o galego é unha lingua falada por máis de 200 millóns de persoas (!) nunha clara competición por ver quen a ten máis grande. Se a un portugués ou a un brasileiro lles din que o que falan en realidade é “galego”, escachan de risa… porque nin eles senten que estean a falar o noso idioma e o que é peor, a maioría aquí tampouco cremos que falamos unha variante máis do portugués.
Pero iso non importa. O relevante aquí é destacar que somos unha chea… burro grande ande ou non ande. Coma se outras linguas que non teñen a carón un primito de Zumosol (o euskera, ocórreseme, por exemplo, ou as linguas nativas asoballadas polo portugués nas súas ex-colonias) non tivesen dereito a ser potenciadas do mesmo xeito. Implicitamente créase no subconsciente a idea de que hai linguas de primeira (a nosa, que ten unha manchea de falantes) e linguas de segunda (as que, como non teñen un gran número de falantes, teñen que estar condenadas a desaparecer). Ou o que é o mesmo, sen o portugués non valemos un carallo.
Pois diso nada. O galego pode e debe sobrevivir perfectamente sen a tutela constante dunha major lingüística. Pode crecer coas súas características propias sen ser literalmente absorbida polo peixe grande. O cal non quita que sexa vergonzoso que non teñamos a posibilidade de vermos aquí as televisións portuguesas ou que se ensine menos portugués en Galicia ca en Estremadura. O saber non ocupa lugar, sempre e cando poidamos manter o que nos legaron os nosos antepasados a pesar dos séculos de atrancos.
Entry Filed under: lingua, reintegratas. Etiquetas: castelán, falantes, galego, imperialismo, portugués, zumosol.
10 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed

1. berto | 2/Xuño/2008 at 14:58
Hardblogging for the win!
2. cesare | 2/Xuño/2008 at 15:02
Non é o que nos legaron os nosos antepasados. É o que falamos nós.
3. alema | 2/Xuño/2008 at 15:05
o que falamos nós = o que nos legaron os nosos antepasados
4. W.sobchak | 2/Xuño/2008 at 15:37
Eu que non son reintegrata (agás que me nego a empregar o enxendro do “ñ”)
penso que efectivamente a nosa lingua ten personalidade de seu. E que non debemos renunciar ao noso lexico nen as nosas expresións.
O que non tenho ten claro é porque temos que ter umha norma ortográfica claramente influenciada polo castelán, cando o noso tronco lingüistico é o galego-portugués.
Porque no momento no que se impuxo a actual norma, a situación non era “normal”, nin moito menos. Eu para eso, prefiro que cada un escreba como lhe pete. QUe era o que facían os noso antergos
5. alema | 2/Xuño/2008 at 15:56
O ñ está documentado que existiu como letra galega http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%91 , polo que teño entendido. Tamén creo que, coa norma actual, quedan ben marcados os nosos trazos lingüísticos, ou polo menos suficientemente marcados con respecto ao castelán.
6. alema | 2/Xuño/2008 at 20:50
engadín unha ‘afoto’ que ilustra se cadra o que quero contar
7. Suso | 4/Xuño/2008 at 0:27
E dalle co euskara: http://eu.wikipedia.org/wiki/Euskara_batua
O euskara batua é aceptado por todos os falantes de línguas bascas, e é ao euskara o que o portugués (xa non AGAL) ao galego.
8. cesare | 4/Xuño/2008 at 10:50
lol lol pola foto…
Non, non é o que nos legaron os nosos antepasados. É o que falamos nós. Aí está o punto de vantaxe (me voi de wai, pero non dei traducir ben isto…): se entendemos a lingua como unha construción histórica, reivindicamos enhes, flegmas, ou grecismos se nos deixan. A lingua é o que falamos agora, non o resto do que se falou hai 1000 anos.
9. alema | 4/Xuño/2008 at 13:47
por antepasados referíame non só aos de hai 1.000 anos, claro. refírome a pais, avós e bisavós e pouco máis
10. gheitore | 4/Xuño/2008 at 15:45
Cesare, eu as “flegmas” nom as reivindicaria nunca. Se tal algum que outro “zeugma”.