Eu non entenderr as papeleiras do Corte Inglés
7/Xuño/2008
E non é por unha cuestión de idioma… ata aí chego. A ver, ti chegas ao aparcadoiro e aparécenche de súpeto unhas papeleiras estrañísimas cunha tapa que se abre cun mango. Son caixas cadradas de cor vermella con dúas palabras. A saber.
E é que a caixa está dividida en dúas subseccións por dicilo así. Onde pon “trapos” non hai nada e onde pon “area” hai un chisco de area. Pero eu pregúntome. Para que carallo esa subdivisión? Que é o que hai que botar en “trapos”? Roupa? Papel? Lixo orgánico?
Logo está a “area”. Suponse que é para tirar as cabichas dos cigarros pero non creo tampouco porque xa no interior do aparcamento non é posible fumar… Eu creo que poñen estas papeleiras tan complexas a propósito para que consuma máis. :-S
Entry Filed under: alema malo. Etiquetas: consumismo, el corte inglés, lixo, papeleiras.
10 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed

1. Nemigo | 7/Xuño/2008 at 2:03
Como coña está ben pero…
Iso NON son papeleiras. Iso é contraincendios. Por iso son de cor vermella. Hai lumes (os de aceites por exemplo) que NON poden ser apagados con auga. Para iso son os trapos e a area. Deixas sen osixeno o lume e apágase. Como se fai cando arde unha tixola. Tápala cun trapo e apaga
2. alema | 7/Xuño/2008 at 11:17
Pois hai evidentemente un problema de comunicación porque:
1- Todo quisqui bota lixo neses recipientes
2- En ningún lugar se especifica que iso NON son papeleiras e que en realidade é un contraincendios.
Entendín ben a explicación da tixola, pero no caso do Corte Inglés… de onde se quitan os trapos? Eu creo que o Corte Inglés tiña que implicarse máis e explicar dalgunha maneira toda esta historia… (ah! e que poña “area” en galego)
3. Nemigo | 7/Xuño/2008 at 12:10
ese tipo de caixas debería habelas en tódolos aparcadoiros públicos cubertos. Xa ven de lonxe ise sistema. É o que se emprega nos barcos, aínda que alí soe haber un caldeiro vermello de area. E os trapos non están posiblemente porque alguén marchou con eles
Nun aparcamento por motivos de seguridade non debería haber papeleiras, se alguén chimpa dentro un pitillo aceso xa se pode armar
4. alema | 7/Xuño/2008 at 12:13
Daquela, insisto. O Corte Inglés debería especificar claramente: “Isto non é unha papeleira, é un sistema anti-incendios. Non tire refugallo. O lixo deposíteo nas papeleiras situadas no interior do centro comercial”. E todos contentos.
Grazas Nemigo polas túas explicacións.
5. gheitore | 7/Xuño/2008 at 20:53
Alema, e no extintor devia especificar claramente: “Isto nom é um sifom, é um sistema anti-incêndios. Nom o utilize para preparar cocktails. O que você precisa encontrará-o no nosso departamento de bebidas alcólicas”.
6. alema | 7/Xuño/2008 at 21:58
A ver. Pero son eu o único ao que lle pasou isto? É que me está entrando un complexo de parvo…
7. Nemigo | 7/Xuño/2008 at 23:42
hai un dito chinés: pregunta o que non saibas e quedarás como un burro 5 minutos
non o preguntes e serás un burro toda a vida
Eu non digo nada porque de cando en vez traballo pra empresas yankis e fan precisamente iso: rotular todo
Ao final pregúntaste: se son eles os parvos ou o somos nós. Pode que sexan parvos e nos estean a chamar parvos a nós tamén
Os yankis chegan a situacións tan absurdas como poñer carteis nas escaleiras dicindo que se debe baixar e subir collido ao pasamáns (NON é coña)
Ou nun local poñer un cartel na porta dicindo: vostede non está encerrado, abra a porta ca manilla
Ou como fan nos carros yankis poñer nos retrovisores que os obxectos se ven distorsionados
Nos barcos e nos coches xa non se empregan ises sistemas contraincendios. Agora nas gasolineiras xunto aos surtidores teñen extintores automáticos. Se se incendia un carro ao momento estaría cuberto polos extintores. Nos barcos e en locales pechados teñen botellas de gas que ao dispararse deixan sen osixeno o local. Apagan o lume claro… pero o que estea no local queda paxariño. Hai que bombear e reanimar, se ten sorte pode que non morra
8. cesare | 9/Xuño/2008 at 17:34
A ver se entendo algo, Nemigo… Partimos da base de que os incendios con aceite non se deben apagar con auga… Pero iso non explica por que?
a) non existen nun aparcadoiro extintores de escuma ou CO2, que son os que poden servir para apagar a clase de incendios que se produce nun aparcadoiro.
b) a caixa de rollas non ten rollas
c) a caixa de area non ten unha pá. E logo como hai que botar a area sobre o motor ardendo? Ás puñadas?
Definitivamente, a súa explicación non me convence…
9. Nemigo | 12/Xuño/2008 at 3:18
Definitivamente, a súa explicación non me convence…
Como se pon unha cariña de isas con gafas?
Xa pon máis arriba que o sistema é obsoleto
a) é imposible apagar un incendio de aceite con un extintor de CO2
Nos aparcamentos hai rociadores, iso é por se hai un incendio alí
b) hai manguis
c) a area normalmente botábase nun caldeiro, tamén se pode consultar respota b)
10. Stehekin | 12/Xuño/2008 at 22:12
facendo unha pequena pesquisa en Google podemos ver que esas caixas de trapos e area non teñen unha funcion contraincendios como, equivocadamente, defende Nemigo senón que son medidas de seguridade para conter pequenos derrames de combustible ou aceite
nos primeiros resultados aparecen unha serie de ficheiros PDF con normativas sobre este particular
un saúdo