A RAG debe admitir a palabra “bueno” xa
9/Xuño/2008
Xa sei o que ides dicir moitos: que se é unha “castrapada”, que se admitimos isto que vai ser o seguinte, etc. etc. Pero tanto me dá. Isto é para os que creades firmemente que a palabra ‘bueno’ forma parte irrenunciable do idioma galego.
Se recentemente a RAG admitiu o palabra “greleiro” no seu dicionario a petición da empresa que fixo un anuncio, por que non vai facer o mesmo con “bueno”?. Porque, sexamos realistas… Que galegofalante non emprega frecuentemente esta palabra? Quen dá escapado a este retrouso? Polo que a min respecta, confésome incapaz de dicir “bo”, “ben”, “vaia”, etc. É que non é o mesmo!
“Bueno” debería ser admitido como interxección galega xenuína. A súa orixe é castelá ninguén a dubida, pero non nos enganemos: outros castelanismos foron recoñecidos (tortilla, bocadillo, guerrilla)… ata o portugués utiliza castelanismos (‘nublado‘, por exemplo).
O galego colleu este préstamo e deulle unha nova dimensión, maior incluso ca a que ten en castelán. É unha palabra que empregaron os nosos antepasados e que non se dará borrado da nosa fala coloquial endexamais. Deámoslle pois oficialidade dunha vez!
Por ese motivo, fago un chamamento para que os lectores deste blog me fagan chegar todo tipo de documentos (de texto, de audio, de vídeo) onde se demostre o uso habitual da palabra “bueno” por parte de galegofalantes habituais e non só… tamén por parte de académicos de recoñecido prestixio e autoridades varias. Tamén lles pido axuda a todos aqueles filólogos que estean de acordo con esta proposta para que me axuden a darlle unha argumentación máis “científica”. Esta iniciativa, se logra o apoio suficiente, haberá de presentarse na RAG polas canles pertinentes. Xuntos habémolo conseguir!
Eu, para empezar, achego este documento… É parte do spot publicitario “Vivamos como galegos”, onde se emprega o termo “greleiro” posteriormente recoñecido pola RAG. Nesta parte do vídeo móstrase o uso galegofalante clarísimo do termo “bueno”.
Espero as vosas achegas nos comentarios deste artigo. “Bueno” ten que ser oficial xa!
10 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1. xOsse | 9/Xuño/2008 at 11:32
Estou dacordo en que utilizamos “bueno” habitualmente no galego, pero creo que o facemos soamente cando o falamos e non cando o escribimos. Non si sería mellor correxir esa costume antes que darlle oficialidade, non sei…
2. alema | 9/Xuño/2008 at 12:53
bueno, iso de dicir que é só o empregamos na fala é moito dicir…
3. o'sanma | 9/Xuño/2008 at 14:18
Alema ‘malo’? Alema ‘bueno’! Ai, que bonito é o ‘gallego’!
4. alema | 9/Xuño/2008 at 14:21
alema mao tamén http://alemamalo.wordpress.com/2008/06/05/alema-mao/
recoñece que na intimidade tamén ti dis “bueno”, confesa!
5. o'sanma | 9/Xuño/2008 at 14:25
E também digo ‘de puta madre’ (e ‘mecago en tu puta madre’), mas esse é outro tema!
6. orsinia | 9/Xuño/2008 at 15:00
Eu podería achegar milleiros de conversas de messenger e de correos electrónicos. Para convencer a RAG e tamén a xOsse de que cada vez se escribe máis a palabra “bueno” en galego, e que cada vez se escribe máis galego en xeral.
7. cesare | 9/Xuño/2008 at 16:30
superafavor da inclusión
8. gheitore | 9/Xuño/2008 at 17:01
Grande ideia, alema. Devias mandar-lha também ao Deutschsprachige Wörterbücher, que a palavra “bueno” também se usa muito em alemao: http://www.kinderbueno.de/
9. sHs | 9/Xuño/2008 at 18:59
Home, por dior, desde logo. E reclamar que volvan meter “alomenos”
10. O ILG e a RAG xa coñecen a proposta para admitir “bueno” « alema | 11/Xuño/2008 at 0:09
[...] A RAG debe admitir a palabra “bueno” xa [...]