A versión española de Shin Chan é unha porcallada e a portuguesa (brasileira) tampouco vale un can

12/Xuño/2008

Poucas cousas serven mellor para deixar claro o carácter único da lingua galega ca a famosa serie de animación xaponesa ‘Shin Chan’. O excelente traballo desenvolvido polo seu tradutor (ou tradutores) e polos seus actores de dobraxe podería presentarse como proba concluínte en calquera debate sobre se somos ou non un dialecto do portugués.

O de que a versión en español da serie era unha porcallada xa o sabiamos. Padecémola cada vez que Antena 3 emite un capítulo, pero… Que pasa coa versión portuguesa? Pois que tampouco encaixa connosco… tampouco nos identificamos con ela. E o que é máis forte [pronúnciese 'fòchi' en brasileiro]: é moitísimo menos comprensible para un galegofalante ca as versións en español internacional de España e en español ‘latino’.

Podes comprobalo dentro do artigo.

_______________________________________________________________________

Poñemos como exemplo o capítulo “A tartaruga e as lebres”. A simple vista, os títulos nas versións galega e portuguesa coinciden completamente pero as diferenzas entre unha lingua e outra son palpables en canto os personaxes ou o narrador abren a boca.

Versión galega _____________________________________

Versión portuguesa (brasileira) _______________________

Que? É evidente ou non que as diferenzas entre unha versión e outra son abismais. Que grao de comprensión pode ter un galegofalante deste capítulo? Cantos galegos poden presumir de entender o 100% do que di o Shinchaenzinho lusófono?

Pero sigamos avanzando no experimento. A continuación veñen as versións en español de España e en español latino do mesmo capítulo.

Versión española __________________________________

Versión latina _____________________________________

É evidente que tampouco os galegos nos identificamos con isto… Pero, sexamos sinceros, se á inmensa maioría dos galegofalantes lles desen a elixir entre as diferentes versións, con cal quedarían como segunda opción? Seguro que sería a brasileira?

Entry Filed under: audiovisual, lingua, reintegratas. Etiquetas: , , , , .

2 Comments Add your own

  • 1. Nemigo  |  12/Xuño/2008 at 1:58

    nunca fun partidario das doblaxes, como moito de subtitular. Pero hai series que gañan ca doblaxe. Alo aló, por ejemplo ou series míticas como a vívora negra

    Hai series q polos seus guións se salen como doutor en alaska que era boa traducida a calqueira idioma

    Tamén se debería mencionar que en portugal e noutros países como italia poñen nos títulos de crédito o nome dos traductores

    Responder
  • 2. llik  |  13/Xuño/2008 at 15:24

    A min gústanme moito as dobraxes ó galego, á mítica Pulp Fiction ou mesmamente Shin chan.
    Por outra banda estou dacordo con Nemigo, deberáin de poñerse os nomes dos dobradores, que nalgúns casos as súas voces son tan famosas coma ás dos actores que representan

    Responder

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


AVISOS

Ollo! Agora estou en alema.org

links by alphabetical order