Amor non correspondido
14/Xuño/2008
Así di a wikipedia:
Un amor non correspondido é amor non recíproco, aínda cando esa reciprocidade é profundamente desexada.
O amor non correspondido pode durar décadas e desencadear nun comportamento obsesivo tal como o axexo ou a persecución, ata pode traducirse en hostilidade cara ao obxecto de desexo se o amor é rexeitado.
Este tipo de comportamentos poden levar a estas persoas a ser vistas como pervertidas ou ‘miróns’. Na maior parte dos casos, con todo, o amor non correspondido é un sentimento que pasa totalmente desapercibido para os demais.
A cantidade de sufrimento que se pode a chegar a adquirir é realmente frustrante, unha persoa pode chegar a quedar “bloqueada totalmente” ou ata sufrir unha forte depresión e chegar a enfermar.
Con todo, só a aprendizaxe diaria e o respecto cara a un mesmo e cara ao obxecto que non corresponde o sentimento, fai que as barreiras de ansiedade e euforia poidan ser superadas.
A lusofonía nin nos coñece, nin sabe que existimos, nin nos quere, nin se preocupa por nós,… é un amor non correspondido.
Así que… aínda estás a tempo: se non queres sufrir, non te fagas reintegrata. E se xa o es, xa sabes: “o respecto cara a un mesmo” é fundamental para superalo.
Entry Filed under: lingua, reintegratas. Etiquetas: amor, lingua, lusofonía.
3 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1. sen_nome | 14/Xuño/2008 at 2:03
Eu concordo co reintegracionismo porque non me gusta vivir nunha mentira, por dignidade, por utilidade, por amor (á verdade), por respecto a un mesmo.. A lusofonía non é unha persoa, así que a lusofonía, está claro, non pode amarnos.
Por certo, moitos parabéns polo éxito do blogue
P.D. Gracias por mirar da saúde emocional dos reintegratas
2. alema | 14/Xuño/2008 at 12:33
Claro que a lusofonía non é unha persoa, pero neste caso e o “obxecto desexado” por quen defende o reintegracionismo. E sigo: que cousa hai máis digna que defender o propio sen necesidade de ser absorbido por outro? Que é a verdade? Borrar oito séculos de historia e facer coma se non pasase nada? Con respecto ao tema da utilidade, non vou caer na historia de medir a utilidade das linguas en función do seu número de falantes. Un argumento que empregaba moi habitualmente Paco Vázquez. O galego é útil por si mesmo, sen o primo de Zumosol http://alemamalo.wordpress.com/2008/06/02/a-sindrome-do-primocurman-de-zumosol/ , ao que hai que coñecer e respectar pero sen deixar que nos domine.
3. sen_nome | 14/Xuño/2008 at 23:39
Quizais é que eu interpreto o reintegracionismo ao meu xeito, pero eu non me penso deixar absorber polos portugueses se te refires a iso. Hai falas, expresións, sotaques propios da nosa terra, que non se deben perder.